Skip to Content

¿Cando comeza?

Prevención Desde La InfanciaAínda que pareza pronto, a prevención comeza na infancia. Nesta etapa vital, os nenos semellan esponxas que absorben coñecementos, actitudes e valores, tanto positivos como negativos que a súa familia, como principal axente socializador, transmite a través da educación, tanto explícita (ex//. formas de tempo libre, normas e límites establecidos...) como implícita (ex//. relacións sociais, respecto ás normas e límites, consumos no fogar...), acontecida na convivencia cotiá.

 

Enseñanza De Valores Desde La InfanciaÉ importante que a prevención, como proceso socioeducativo continuo, teña fundamento no desenvolvemento positivo da personalidade das persoas, facéndose necesario para elo educar os nenos desde pequenos en actitudes, valores e habilidades propios da confianza, seguridade e protección, solidariedade, comunicación, etc. que lles axuden a tomar decisións críticas e responsables coa súa vida, sen deixarse levar por influencias e presións externas que inciten a comportamentos asociais como o consumo de drogas.

 

A través da educación recibida nas primeiras idades vanse consolidando estilos de vida que poden acercar aos rapaces ó desenvolvemento de problemas coas drogas ou, pola contra, diminuír as posibilidades de acceso a aquelas. Resulta importante alentar estilos de vida saudables que inclúan factores de protección nos nenos mentres se preparan para a adolescencia e a idade adulta, xa que a forma de vida aprendida durante a infancia posúe maiores posibilidades de afianzarse na vida adulta.

 

Prevención Tarea De tod@sA prevención por tanto é tarefa de todos e todas, non só dos expertos, senón que cada unha das persoas que gardan contacto cós pequenos podemos desempeñar una papel preventivo de protección: os mestres, a policía, os políticos, os médicos e, especialmente, as nais e pais. Todos temos algo que dicir e algo que facer, ninguén está excluído de responsabilidade cidadá.