Skip to Content

Xuventude

Juventud

A xuventude é unha etapa que se inicia ao remate da adolescencia, normalmente ó redor dos 18 ou 20 anos. Nesta nova etapa a persoa síntese máis tranquila e segura de si mesma ante o mundo que a rodea, non por prepotencia senón por considerarse un ser autosuficiente que forma parte dunha sociedade.

 

 

RazonamientoA xuventude ten capacidades reflexivas, críticas e analíticas que desbotan alternativas fantasiosas ou extremadamente idealizadas suxeitas á visión do mundo propio da adolescencia. Tamén aquí se establecen ideais difíciles de alcanzar, pero as iniciativas tomadas serán máis realistas; os seus ideais empézanse a clarificar e a priorizar, aparecendo así un espírito de compromiso e responsabilidade máis maduro, é capaz de defender as súas crenzas ante o rexeitamento ou a imposición.

 

 

Neste período destaca o proceso de individualización con base na busca da independencia e autonomía persoais como forma de autocoñecemento e de autoconciencia de ser individual. Aínda así, existen dúas posibilidades que poden xurdir deste proceso: pode alcanzarse unha fructífera autonomía na que o individuo integrará os seus ideais, opinións, reflexións, valores na sociedade ou, pola contra, o proceso pode desembocar nunha consolidación da dependencia, cando se interiorizará a opinión doutros como propia asumindo pasivamente o imposto.

 

 

Neste senso destaca tamén o conflicto moral típico deste tempo, pois o identificarte a ti mesmo nunha sociedade tamén implica reconstruír as crenzas que asumiches dende a infancia, reflexionar criticamente sobre elas e elaborar e defender unhas conclusións que identifiquen claramente as túas propias conviccións (relixiosas, políticas, éticas, etc.) non as que che viñeron dadas.

 

 

IdealísmoNa esfera vocacional, a xuventude xa comprende un momento de madurez persoal para poder establecer e concretar un proxecto de vida que oriente dinamicamente o futuro, podendo modificarse en función das diferentes circunstancias ou situacións con motivación na racionalidade, a responsabilidade e a capacidade analítica que progresivamente van adquirindo.

 

 

En canto ás relacións, a xuventude vai discernindo entre o superficial e o valioso. A medida que consolidan a súa madurez, van confirmando as súas expectativas e ideais en tódalas esferas que comprende a súa vida: social, laboral, académica, familiar, afectiva... Neste época superficialidade xa se contempla como efémera e búscase algo máis profundo e continuo.