Warning: Got error 134 from storage engine query: SELECT data, created, headers, expire, serialized FROM cache WHERE cid = 'variables' in /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc on line 128

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 726

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 727

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 728

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 729
MODELO ACTUAL DE CONSUMO | Servizo de Prevención de Drogodependencias de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade
Skip to Content

MODELO ACTUAL DE CONSUMO

warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/common.inc on line 148.

Modelo Actual de ConsumoO fenómeno que envolve a problemática das drogodependencias comprende todo un conxunto de feitos e factores vinculados aos cambios sociais, culturais, políticos e mesmo económicos. Actualmente vivimos baixo o denominado “Modelo Consumista” propiciado dende o sistema económico, social e político capitalista no que vivimos, polo que na esfera das adiccións podemos afirmar que o hábito de uso e/ou abuso de drogas correspóndese con un modelo consumista e abusivo. Este consumo por tanto, é consecuencia da interrelación de diversas variables establecidas nun panorama multicausal, dando lugar a un fenómeno individualizado á par que estendido e complexo. As investigacións e estudos realizados ata o momento destacan varias características deste modelo consumista (Drogas e violencia, ¿unha cuestión de xénero?, Concello de Lugo, 2008):

 

  • O consumo de drogas concíbese como unha conduta promotora de cohesión grupal e facilitadora das relacións sociais propia da cultura xuvenil. As drogas actúan como dinamizadoras e integradoras do grupo.
  • Diferenciación entre o mundo adulto e o xuvenil. Nesta diferenza delimítanse dous patróns de consumo ben diferenciados, aínda que cabe destacar que neste tempo comézase a difuminar as diferenzas nas etapas adolescente-xuvenil-adulta a consecuencia do aumento do período “xuvenil”. Tradicionalmente o colectivo adulto presenta un consumo fundamentado no alcohol, caracterizado pola regularidade, a vinculación deste á gastronomía e eventos sociais, etc. facendo normalmente un uso en vez dun abuso. Sen embargo o colectivo adolescente e xuvenil concentra maioritariamente os consumos de alcohol e outras drogas nas fins de semana dunha forma compulsiva, rutinaria e en espazos públicos baixo a pretensión de utilizar o consumo como “instrumento socializador”.
  • Ritual de iniciación á adolescencia. É frecuente que o paso á adolescencia sexa identificado polos rapaces e rapazas como un cambio portador dun novo estilo de ocio. De feito, este novo estilo de ocio nocivo fomenta a normalización do consumo de drogas entre os adolescentes. A conquista destas formas de ocio antes non compartidas, concíbense como un “ritual” adherido ao significado propio de “ser adolescente”, ao que os nenos non poden acceder.
  • Asociación entre drogas e ocio, é dicir, o uso recreativo de drogas como elemento imprescindible para lograr a diversión. A fin de semana concíbese como un espazo alleo ao mundo adulto sen cargas e responsabilidades, sen figuras de autoridade que leven parellas obrigas habituais na vida familiar, académica ou laboral, a carencia de control, o apoio do grupo de iguais, etc. son circunstancias frecuentes no ocio nocturno adolescente e xuvenil. O problema chega cando o espazo de ocio se reduce ao consumo de drogas, tendencia que se consolida máis de xeración en xeración.
  • Unida á característica anterior pódese engadir a tendencia de consumo de drogas en España bifurcada en dous camiños: mentres unha porcentaxe cada vez menor estatisticamente se considera consumidora habitual, unha pocentaxe cada vez maior (incrementado constantemente polo colectivo adolescente) presenta consumos abusivos concentrados nas fins de semana. Cabe destacar que o inicio prematuro no consumo de drogas legais intensifica a probabilidade do inicio no consumo de substancias ilegais, pero non é unha causalidade necesaria.
  • Forte permisividade social en canto ao consumo de drogas legais (alcohol e tabaco) e ao cannabis mal chamada “droga branda” a cal presenta uns elevados índices de prevalenza unidos a unha baixa percepción de risco entre a cidadanía tanto consumidora como non consumidora. Obsérvase un progresivo descenso da sensación de alarma social asociada á problemática das drogodependencias explicado por unha maior aceptabilidade social (especialmente da redución da idade de inicio no consumo) e pola preocupante banalización dos efectos e consecuencias.
  • Mitos sociais que xustifican o consumo de drogas. Ás veces a responsabilidade de normalizar o consumo de drogas en adolescentes corresponde, en parte, ao colectivo adulto. Isto ven dado pola etiquetaxe que se lle outorga á mocidade de forma xeneralizada “todos van ao botellón”, “agora só se saben divertir bebendo”, “cada vez que hai movida hai destrozos”, etc. Esta percepción social dos adultos de cara aos adolescentes xera nestes a interiorización desta imaxe e a significación da mesma.
  • Tamén se concibe coma un mito perigoso a anticuada percepción da imaxe do drogadicto socialmente consolidada. Habitualmente identifícase ao drogadicto cunha persoa marxinada, con escasos recursos económicos, poucas habilidades sociais, sucidade, etc. En xeral identifícase coa imaxe dun heroinómano. Pois ben, agora este perfil mudou radicalmente, os tempos avanzaron e as drogas evolucionaron. As substancias ilícitas máis consumidas na actualidade (cannabis, cocaína, alucinóxenos e tranquilizantes) reproducen unha nova imaxe de adicto na que non se restrinxe o poder adquisitivo, o estatus social, problemas familiares aparentes, nivel académico, … pode ser calquera. A única característica común entre as persoas adictas é que teñen un círculo de iguais onde ese determinado tipo de droga posúe unha gran aceptabilidade social. Así, podemos ver que en función do grupo de idade e as características grupais a aceptabilidade dunhas ou doutras drogas é diferente (porros, cocaína, alucinóxenos...).
  • Incremento da etapa adolescente e xuvenil. Ambas etapas estanse vendo progresivamente aumentadas con respecto a xeracións anteriores, en boa parte pola extensión do sistema educativo. A nivel xeral, ao identificar a etapa de maduración coa etapa formativa cometemos un dobre erro: por unha banda a familia e a sociedade consolida a idea de que a mocidade que cursa estudos superiores son escolares que só se teñen que adicar a estudar (ese é a súa responsabilidade) e, por outra, créase unha burbulla artificial na que os mozos non teñen por que madurar nin aceptar maiores responsabilidades que as impostas polos estudos, ese é o seu traballo. Medran rapaces e rapazas con menor capacidade de autonomía e adquisición de responsabilidades, resistencia á frustración, habilidades relacionais, madurez.. baixo un manto familiar que chamamos amor pero que realmente se chama sobreprotección.
  • Expectativas sociais. Actualmente asistimos a unha etapa que, en parte, se repite no tempo dos galegos: falta de oportunidades laborais para a xuventude, escasas expectativas de futuro a curto prazo e a prema da competitividade. Xeracións anteriores apuntaban cara un futuro con expectativas alcanzables que motivaban un estilo de vida activo e responsable. Actualmente, estas novas xeracións que son as máis formadas da nosa historia, viven mirando só cara o presente porque o futuro é demasiado incerto. Esta nova sociedade fomenta a apatía social da xuventude, quen toma preferencia cara actitudes presentistas acomodados a unha realidade efémera niño de valores consumistas afíns ao “carpe diem”.
  • Expectativas xeradas ao redor das drogas. Ás veces, a publicidade e mitos xerados ao redor dalgunhas drogas (por non dicir da totalidade das mesmas, legais e ilegais) actúan cun obxectivo determinado: crear unhas expectativas desexables que inciten á mocidade ao seu consumo. Consecuentemente, a maioría dos consumos iniciais teñen como base unha incitación previa fundamentada en influenzas ou presións externas ao propio suxeito ou alleas a toda clase de reflexión daquel.

 

Con todo isto destácase que previamente ao consumo de drogas existen unha serie de expectativas que inflúen de forma definitiva nos efectos da droga consumida. A droga en si mesma contén psicoactivos responsables do 50% dos efectos da droga tras a inxestión, inhalación ou inxección, e o outro 50% está motivado polas expectativas que o consumidor ten previamente sobre os efectos esperados.