Skip to Content

Documentos

1. APOIO FAMILIAR E ÉXITO ESCOLAR

 

Búsqueda de sensaciones, autoconcepto, asertividad y consumo de drogas ¿Existe relación?


Manuela Martínez-Lorca*, Carlos Alonso-Sanz**


*Departamento de Psicología. Universidad de Castilla-La Mancha. Profesora Asociada.

**Servicio de Drogodependencias. Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.

 

 

O traballo presentado pon de manifesto o forte papel protector que autoconcepto familiar e académico exercen fronte ó consumo de drogas, evidenciando a necesidade de consideralos parte fundamental dos programas de prevención.

 

O estudio analiza a relación entre determinadas variables de personalidade e o consumo de tabaco, alcohol e cannabis, a través dunha mostra de 243 alumnos e alumnas de 1º de ESO de 4 centros de Toledo.

 

Os resultados analizan e defenden que o autoconcepto académico, como factor de protección, non se debe confundir co “rendemento escolar” nin simplificar como “fracaso escolar”, senon entendelo como un concepto formado por moitos elementos independentes: opinión percibida dos docentes, niveis de esixencia das familias, percepción do esforzo, autovalorción dos resultados, valoración do seu propio comportamento, reforzo dos logros...

 

Descargar o documento

 

 

 

Convivencia familiar e éxito escolar


Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade

 

Para estimular o éxito escolar non é suficiente con ter boas intencións tanto no eido dos menores como das familias, son precisas o desenvolvemento de estratexias que faciliten a interiorización de estruturas que consoliden hábitos de estudo. A planificación, organización, horarios, técnicas... son determinantes para favorecer o autoconcepto académico e, en consecuencia, o éxito escolar.

Moitos son os elementos dos que depende a conformación do autoconcepto académico, algúns citados no estudo citado (opinión percibida dos docentes, niveis de esixencia das familias, percepción do esforzo, autovalorción dos resultados, valoración do seu propio comportamento, reforzo dos logros...), boa parte deles ademáis de estratexias prácticas abordarémola na sesión de prevención familiar “Apoio familiar e éxito escolar”.

 

Descargar documento