Warning: Got error 134 from storage engine query: SELECT data, created, headers, expire, serialized FROM cache WHERE cid = 'variables' in /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc on line 128

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 726

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 727

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 728

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 729
Programación TV | Servizo de Prevención de Drogodependencias de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade
Skip to Content

Programación TV

warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/common.inc on line 148.

Programación TVActualmente a socialización da cidadanía está fortemente influenciada polos medios de comunicación en tódalas súas variedades. Entre eles, a televisión é o medio de masas máis popular co consumo máis estendido tanto a nivel horizontal como a nivel vertical.

 

No caso concreto dos adolescentes como consumidores televisivos, destaca a presenza dunha ampla oferta de series e programas de tipo “realities” que parecen portar un gran interese en crear contidos que establezan relacións de identificación, de proxección ou de certa simboloxía entre os adolescentes e as personaxes das series de ficción líderes de audiencia. Esta tipoloxía de contidos exerce unha influenza decisiva, que algúns se atreven a chamar manipulación, de cara á formación da personalidade e identidade da mocidade que aínda se encontra en pleno desenvolvemento. ¿Cal é o motivo? É unha complexa resposta que esixe unha reflexión individual.

 

As series de televisión vinculadas directamente aos adolescentes adoitan asumir unha estética propia que fomenta a creación e interiorización dun conxunto de valores, actitudes e espazos que promoven a homoxeneización daqueles. Esta triste realidade potencia a consolidación dun nocivo liderazgo exercido por un mercado rexido polo sistema capitalista que traballa intensamente co obxectivo de fomentar a consolidación dunha “parrilla” televisiva que procure a influenza e/ou manipulación da cidadanía en xeral e da mocidade en particular en detrimento dunha reflexión crítica que cuestione os valores, idearios, actitudes, etc. que nela se están transmitindo.

 

Neste senso podemos afirmar que existe unha recoñecida necesidade de protexer das manipulacións televisivas que padece a sociedade a través da “alfabetización mediática”, pero non debemos desaproveitar as potencialidades propias os medios de comunicación. Debemos avogar por consolidar unha educación reflexiva cos medios, fuxir da pasividade e intentar asumir unha recepción crítica de contidos.

 

O Observatorio de Drogodependencias de Castilla la Mancha en “Jóvenes, drogas y comunicación” (2010), presenta varias características xerais que fomentan a transmisión de estereotipos a través das series televisivas:

 

  1. A paradoxa entre a modernidade (aparente) e o tradicionalismo (de fondo) nas relacións.
  2. A mocidade aparece como un estado atemporal, os adultos son alleos á forma adolescente ou xuvenil.
  3. O hedonismo. As tramas adoitan estar marcadas polas relacións sentimentais e, con especial relevancia, a sexualidade. Esta visión normalizadora das relacións sexuais cada vez máis temperás, soe obviar as consecuencias que poden derivarse das prácticas sexuais de risco.
  4. A violencia física, verbal ou psicolóxica adoita ser eficaz para conseguir obxectivos tanto para as personaxes “boas” como para as “malas”. A banalización da violencia, a insensibilidade e incluso o ton cómico que, en moitas ocasións, se lle da son normalizadoras e, se cadra, lexitimadoras do seu uso.
  5. O relativismo das personaxes, o bo sempre ten que ser bo pero o malo pode permitirse ser bo de vez en cando. Ademais as personaxes “malas” soen ter rexistros máis elaborados con historias de vida máis profundas e atractivas para os consumidores televisivos.

 

Esta mesma publicación pon sobre a mesa outro tema de debate: a presenza das drogas nas series de televisión. O consumo de drogas, legais e ilegais, nas series adolescentes é unha conducta certamente habitual. De feito drogas como o tabaco aparecen de forma rutinaria unida a estereotipos atractivos para os telespectadores adolescentes; esta conducta semella aparecer como un rasgo de identidade das personaxes que as productoras incentivan dende o plano simbólico da identificación e a proxección.

 

Temos que ser conscientes de que a televisión é un axente socializador e, como tal, socializa ás novas xeracións. En función da actitude que tomemos como consumidores televisivos, podemos utilizar o consumo reflexivo mediante a análise crítica e constructiva para medrar como persoas ou podemos ser consumidores pasivos de productos televisivos creados con finalidades específicas alleas á nosa propia persoa.