Warning: Got error 134 from storage engine query: SELECT data, created, headers, expire, serialized FROM cache WHERE cid = 'variables' in /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc on line 128

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 726

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 727

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 728

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 729
Drogas no Estranxeiro | Servizo de Prevención de Drogodependencias de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade
Skip to Content

Drogas no Estranxeiro

warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/common.inc on line 148.

A maioría das persoas percibimos as vacacións como un tempo de ocio para nós, para desconectar da rutina e aproveitar o tempo libre. Ás veces, esta desconexión coa rutina leva consigo unha certa inconsciencia por parte dalgúns viaxeiros que os pode conducir a situacións nada desexables.

 

Pese a que o problema de detencións asociadas ao consumo ou tráfico de drogas no estranxeiro parece bastante irreal, actualmente hai 2.371 españois detidos en cárceres estranxeiras dos que o 81%, 1.921 persoas, o están por consumo ou tráfico de drogas. Aínda que pareza lonxano e difícil as cifras recollidas da Fundación Ramón Rubial, dan medo.   

   
A maior parte dos detidos por delitos relacionados coas drogas non eran conscientes das consecuencias dos seus actos. De feito, como afirma Carmen Moya, un dos obxectivos do PNSD é acabar co falso mito da tolerancia de certos países ante o consumo de drogas ou do fácil que é traficar a pequena escala nalgúns países.


Os problemas de turistas españois confiados adoitan xurdir cando equiparamos a lexislación española ao país estranxeiro ao que viaxamos, xa que cada país ten a súa propia normativa territorial sobre tenencia, consumo e tráfico de drogas e, en moitos países, non existe diferenza entre o consumo e o tráfico de drogas.

O Ministerio de Justicia advirte sobre a dureza das leis nalgúns países  que, incluso, poden chegar a pena de morte ou a cadea perpetua.

 

Pese ás campañas informativas realizadas dende o ano 2000 para informar sobre as consecuencias da tenencia, consumo e tráfico de drogas no estranxeiro, a tendencia das detencións vai en aumento, esta é a evolución das detencións de españois no estranxeiro:

 

ANO 2007 2008 2009 2010 2011
Nº DETIDOS 1.549 1.908 2.106 2.339 2.371
% DETIDOS POR DROGAS 76 % 77 % 80 % 79 % 81 %
Nº DETIDOS POR DROGAS 1.177 1.469 1.685 1.848 1.921

Fonte de información: Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación. Datos a 31 de marzo de 2011


Os 10 países con maior número de españois detidos por drogas son:

PAÍS Nº PERSOAS DETIDAS PENAS
PERÚ 272 Penas de prisión de ata 25 anos e incluso cadea perpétua
MARROCOS 230 Penas de 5 a 30 anos de prisión ademais de importantes multas
FRANCIA 202 Ademais de elevadas multas, as penas de privación de liberdade van dende os 10 anos ata a cadea perpétua.
BRASIL 196 Penas de prisión por tráfico de 3 a 15 anos. De tratarse de tráfico internacional podería incrementarse ata 25 anos.
* Está penado o consumo e o tráfico, con imprecisa distinción entre un e outro.
PORTUGAL 190 Penas de ata 15 anos de prisión
ITALIA 149 As penas previstas van dende un mínimo de 8 anos, ata un máximo de 30 e fortes multas.
COLOMBIA 148 Penas de prisión de 3 a 20 anos, e fortes multas.
* Especial atención coa burundanga.
ARXENTINA 109 Penas de prisión son de 1 a 6 anos para a tenencia e de 4 a 16 anos para tráfico e contrabando.
ALEMAÑA 98 A tenencia está castigada con penas de prisión de 2 a 15 anos.
ECUADOR 97 A lexislación é moi estricta e as condeas moi severas.
* Os centros penitenciarios presentan importantes deficiencias debido ao hacinamento e escasos recursos.


CANDO VIAXES AO EXTRANXEIRO... RECORDA

  • As leis por tenencia, consumo e tráfico de drogas son de aplicación territorial, polo que son de obrigatorio cumprimento independentemente do lugar de procedencia das persoas.
  • En caso de detención no estranxeiro ninguén, tampouco a Embaixada nin o Consulado de España no país en que suceda, poderá subtraer ao detido da aplicación da Lei Penal estranxeira.
  • As garantías procesais no estranxeiro non sempre son equiparables as existentes en España o que, unido ás dificultades para entendelo idioma, pode producir sensación de indefensión, sen que por elo supoña algunha violación da Lexislación local á que o detido está suxeito.


CONSELLOS...

  • Non te deixes enganar por falsas informacións que non son máis que mitos. Infórmate da realidade lexislativa en materia de drogas do país que vas visitar.
  • Non aceptes realizar transportes de maletas ou paquetes ao estranxeiro.
  • Unha vez no estranxeiro ten presente que en ocasións son os propios vendedores de drogas  os que denuncian ao comprador.
  • En caso de detención comunícate o antes posible co Consulado de España ou con calquera país da Unión Europea.
  • Se estás detido no estranxeiro podes solicitar que che faciliten o contacto coa Embaixada ou Consulado de España correspondente.
  • En todo caso, recorda que a axuda e orientación non poden, en ningún caso, consistir na interrupción ou alteración do curso normal da xustiza do país no que se atope. 
  • Contacta coa Fundación Ramón Rubial-Españoles en el Mundo, unha entidade que da resposta á crecente demanda de asistencia a españois en prisións estranxeiras.