Warning: Table './web183db1/sessions' is marked as crashed and should be repaired query: SELECT u.*, s.* FROM users u INNER JOIN sessions s ON u.uid = s.uid WHERE s.sid = '4c4b6ca2f304f779677339a66fe6d4d5' in /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc on line 128

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 1166

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 726

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 727

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 728

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 729
¿Qué podo facer? | Servizo de Prevención de Drogodependencias de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade
Skip to Content

¿Qué podo facer?

warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/common.inc on line 148.

Qué FacerA influencia da familia é determinante, tanto no referente á construcción da identidade como no desenvolvemento das pautas de relación. Se queremos protexer aos máis pequenos daqueles factores de risco que promoven o comportamento problemático debemos ter en conta que tanto pais como nais, ademais de coidar e protexer aos fillos, actuamos como modelos de comportamento. Deste xeito, podemos afirmar que o ambiente familiar no que medra unha persoa resulta decisivo para configurar a súa personalidade, actitudes, autoconcepto e a súa forma de interrelacionarse có medio social e cultural no que están inmersos. Partindo dunha boa relación as familias crean un clima propicio para:

  • A comprensión.
  • A satisfacción percibida pola mocidade.
  • O desenvolvemento e fortalecemento da autoestima.
  • O autocontrol preciso para desenvolverse con independencia fóra do núcleo familiar.

 

En definitiva, a familia concíbese como a institución preventiva por excelencia, constituíndo un poderoso factor de influenzas sobre os menores, polo que deben posuír estratexias e orientacións ao respecto.

 

PAUTAS DE COMPORTAMENTO PARA A PREVENCIÓN FAMILIAR

(ADEIT, Máster en Prevención y Tratamiento de las conductas adictivas)

 

A FAVORECER... A EVITAR...
Fomentar espazos e ambientes relaxados onde favorecer o clima familiar Ignorar as súas opinións e vivencias.
Dialogar, escoitar e razoar cando non se compartan opinións. Manter posturas excesivamente autoritarias, coaccionando a súa liberdade.
Non confundir o respecto e a liberdade coa permisividade. Educar a fillos “tiranos” mediante a sobreprotección e a ausencia de límites e normas claras, coherentes e estables respectadas por toda a familia.
Supervisar e orientar o rendemento escolar e atender aos problemas que poidan xurdir no proceso. Desatender o problemas académicos ou culpabilizar ao centro educativo dos fracasos.
Axudar, fomentar e facilitar a formación e consolidación de redes relacionais. Fomentar unha dependencia excesiva do pai e da nai.
Orientar e prestar información veraz e adecuada á idade. Ocultar información de cousas que lles poidan afectar.
Reciclarse e formarse como pais para exercer da mellor maneira o papel de educadores. Deixar a educación dos fillos ás escolas e demais institucións.
Reducir o consumo de drogas institucionalizadas (alcohol e tabaco) Adoptar modelos contrapreventivos ou contradictorios entre o que se esixe aos fillos e o que os pais fan ao respecto.
Propoñer e fomentar actividades de ocio, deportivas e culturais para facer xuntos. Ser inaccesibles carecendo de tempo para atender ao coidado familiar e manifestarse excesivamente permisivos.
Facilitar o contacto dos fillos con asociacións, O.N.G.s, grupos... Crear unha dependencia excesiva dos pais cara os fillos.
Fomentar a formación en habilidades e estratexias que favorezan a reflexión, a toma de decisións, a resolución de conflictos. Pensar que a experiencia, os erros e a vida educarannos para poder resolver as dificultades, os obstáculos e as problemáticas que lles vaian xurdindo.