Skip to Content

Qué é unha Adicción?

AdicciónTodas as persoas somos, en principio, vulnerables aos posibles problemas que poidan derivarse dun uso ou abuso dunha substancia ou dunha conducta. Aquelas persoas que lle outorgan a determinadas conductas unha funcionalidade básica para satisfacer necesidades intensas da vida diaria, acaban por converter a estes comportamentos en elementos centrais motores esenciais para o transcorrer da vida diaria, estas persoas están en risco de padecer unha adicción.

 

O que caracteriza a unha persoa cunha adicción é que esa conducta é o centro da súa vida, considérase como unha necesidade imprescindible para o correcto desenvolvemento da súa realidade individual. A conducta adictiva nunca aparece repentinamente, intégrase na persoa a través do derradeiro eslavón dun proceso de relacións problemáticas có obxecto da adicción, que somerxen ao individuo nunha nova realidade vital da que non se pode desprender facilmente, pois este enganche a unha substancia ou conducta concíbese como unha necesidade primaria básica na vida diaria do adicto.

 

As adiccións provocan unha dependencia que impide ás persoas o positivo desenvolvemento da súa vida normal, deteriorando os diversos ámbitos que conforman a realidade individual da persoa: empeoramento de relacións (familiares, amizades, compañeiros...), perda de bens materiais, problemas laborais,,, Para que un comportamento poida considerarse como adictivo, necesariamente teñen que darse tres procesos:

 

  • Dependencia; son un conxunto de comportamentos e reaccións que comprenden o impulso e a necesidade de consumir determinadas substancias ou realizar actividades de forma continuada, xa sexa para sentir para acadar uns efectos desexables ou para evitar o malestar provocado pola privación.
  • Dependencia psicolóxica: a persoa realiza o comportamento adictivo por unha necesidade imperial de experimentar os seus efectos emocionais ou conductuais e para diminuír as sensacións negativas.
  • Dependencia física: é un estado de adaptación biolóxica do individuo que se manifesta pola aparición de trastornos fisiolóxicos máis ou menos intensos cando se suspende a súa administración
  • Tolerancia; necesidade de incrementar progresivamente a dose do obxectivo adictivo para obter o mesmo efecto. Cando se consumen algunhas substancias, o organismo adáptase progresivamente a elas, polo que se precisa consumir máis cantidade para obter os efectos pretendidos.
  • Síndrome de abstinencia; manifestacións físicas e psíquicas que se producen ante a imposibilidade de poder realizar un comportamento adictivo. Cabe destacar que o Síndrome de Abstinencia é diferente para cada substancia.

As adiccións, a diferenza dos comportamentos considerados como hábitos ou influenzas consumistas, son dependencias con consecuencias destructivas que deterioran e/ou destrúen as relacións persoais, deterioran a saúde e minoran a capacidade de funcionar de forma efectiva

 

 

TIPOS DE TRASTORNOS ADICTIVOS

 

A adicción convértese nun patrón desadaptado de comportamento que repercute negativamente nas esferas psicolóxicas, físicas e/ou sociais da persoa e do seu entorno. O punto clave para decatarse da existencia dunha adicción é o mantemento no tempo dunha necesidade ou dependencia obsesiva ou compulsiva cara unha substancia, obxecto, relación, actividade ou cousa. Neste senso, podemos diferenciar entre dúas tipoloxías básicas de trastornos adictivos: trastornos adictivos causados por unha substancia (drogodependencia) e trastornos adictivos causados pola realización dunha conducta, son os denominados trastornos comportamentais (ludopatía, adicción ao traballo, adicción ao sexo, adicción ás novas tecnoloxías...).

 

DIFERENZAS ENTRE HÁBITO E ADICCIÓN

 

É frecuente a confusión entre o significado de conducta habitual e conducta adictiva. Un hábito é consiste en repetir unha mesma acción de forma voluntaria e controlada, é unha particularidade do comportamento das persoas que non teñen por que supoñer prexuízo algún. Sen embargo, un comportamento se converte en adictivo non tanto pola frecuencia de realizalo senón por como lle afecta á persoa a realización do mesmo, tanto no momento de realizalo, como na maneira que inflúe aquel na súa vida como tamén e sobre todo, polo obxectivo pretendido con dito comportamento.

 

Un comportamento adictivo caracterízase por ser obsesivo, presentar consecuencias negativas nalgún aspecto da vida da persoa, experimentar ausencia de control e non ser recoñecido ese consumo ou comportamento como un problema (Whatson, 1.989).

 

 

CARACTERÍSTICAS DO PROCESO ADICTIVO

 

  • Comportamento obsesivo. Nas adiccións sempre hai un obxecto de desexo que move á persoa adicta a ter un comportamento obsesivo e compulsivo. Un adicto non pode deixar de pensar na substancia, conducta concreta, persoa ou situación obxecto da súa adicción, chegándose a sentir ansioso en caso de non poder realizalos. Nun principio os consumos ou a realización dos comportamentos comézanse para obter un certo “pracer” pero, pouco a pouco, vanse transformando en comportamentos esenciais para o desenvolvemento da nosa vida diaria, nos que xa non se busca a obtención do pracer inicial, senón aliviar o malestar que produce a privación do mesmo.
  • Consecuencias negativas. O comportamento adictivo leva parello un esgotamento dos recursos emocionais, cognitivos, sociais e económicos da persoa, deteriorando así as esferas da súa realizade a nivel persoal, familiar, social, económico... A adicción reorganiza a vida do adicto cambiando as súas prioridades, onde a adicción ocupa o primeiro lugar.
  • Comportamento guiado, ausencia de control. Existe unha compulsión por reducir a ansiedade e satisfacer a obsesión que provoca o comportamento adictivo. A non realización deste comportamento inicia no adicto unha serie de mecanismos fisiolóxicos e psicolóxicos que provocan un estado de ansiedade e malestar que aumentan o impulso de repetir a conducta. O consumo ou a realización da conducta convértense nun acto compulsivo de forma que a persoa adicta non é plenamente consciente nin dos seus actos nin das consecuencias, son comportamentos practicamente automáticos (o ludópata xoga na máquina do bar e non leva conta dos cartos gastados).
  • Negación da conducta adictiva como problema. Esta negación concíbese como unha autodefensa baseada na crenza de que ningún dos problemas que están acontecendo na vida do adicto é consecuencia da conducta que, aparentemente, lle aporta benestar. Esta negación do adicto é a xustificación mesma do consumo.