A Lei 11/2010, de Prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade cumpre un ano dende a súa entrada en vigor. Neste tempo produciuse unha diminución na porcentaxe de intoxicacións etílicas en rapaces e rapazas entre 11 e 17 anos.
Xa están subidas á web os últimos materiais audiovisuais de prevención de drogas elaborados pola mocidade da agrupación de concellos do Servizo nos obradoiros de Nadal de 2011.
Parabéns merecidos para todos os participantes nas actividades.
¿Gústache a fotografía? Pois, se buscas facer algo diferente estas vacacións de Nadal, inscríbete no Obradoiro de Fotografía Dixital que organiza o Servizo de Prevención de Drogodependencias do 26 ao 30 de decembro de 10:30 a 13:30h na Casa da Cultura de Begonte.