Skip to Content

Previr desde a Familia

PrevenirEn numerosas ocasións nais e pais preguntámonos como educar aos nosos fillos e fillas da mellor forma posible, parece que todo o mundo opina sobre como debemos facelo sen ter en conta que cada situación, cada pequeno e, en definitiva, cada familia é diferente. Neste senso, a prevención de drogodependencias pretende ofrecer unhas pautas educativas, que cada nai e pai deberá adaptar á súa propia familia.

Previr significa evitar un dano antes de que éste apareza, polo que o obxectivo fundamental da prevención de drogodependencias reside en lograr que os nosos fillos e fillas non consuman drogas e, no caso de estalo facendo, poder frear o seu avance e evitar un problema maior.

Previr é estar atentos a aquelas accións que sabemos axudarán aos nosos fillos a estar mellor preparados para atreverse a rexeitar o consumo de alcohol, tabaco e outras drogas, optando por unha vida sá.

SinalEn moitas situacións da nosa vida decidimos actuar cando xa existe un problema, un exemplo disto pode ser cando nos resfriamos e intentamos por solución ó problema tomando medicamentos para curala enfermidade. Pois ben, a prevención refírese a actuar antes de que apareza a enfermidade, debemos abrigarnos se fai frío, resgardarnos da chuvia para non mollarnos e cambialos calcetíns se nos mollamos os pés. Do mesmo xeito, unha educación preventiva require unha labor constante rodeada de afecto, respecto e seguridade non carente de normas e límites claros, comunicación, ocio san, etc.


 


Actualmente moitos mozos viven nun entorno cunha gran presenza de consumo de tabaco, alcohol e outras drogas. Estas substancias son consumidas en gran cantidade cun inicio preocupantemente prematuro dado o seu fácil acceso (ex//. supermercado, 24h...) e á gran normalización (ex. “é normal que a idade X vaían á discoteca cós amigos, con algo terán que divirtirse”) e aceptabilidade social (ex. “mentres beban alcohol e non se metan outras drogas...”) da que gozan.

É importante cimentar unha educación en valores dende a infancia centrada na confianza, afecto, seguridade... valores que lles axuden a tomar decisións críticas e responsables ante as presións externas (publicidade, series televisivas, mitos sociais...), con especial relevancia das presións exercidas polo grupo de iguais.