Skip to Content

Actívate II. Obradoiro de Prevención Escolar que se desenvolverá no CEIP Laverde Ruíz do concello de Outeiro de Rei durante o mes de marzo

ACTÍVATE II

Obradoiro de habilidades sociais

dirixida a alumnado de 5º e 6º de Primaria

 

O Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Outeiro de Rei, Begonte, Guitiriz, Rábade e Xermade organiza para marzo unha actividade socioeducativa de carácter lúdico. Mediante dinámicas grupais, proxeción de filmes, lectura de artigos ou análise da nosa propia realidade abordaremos temas tan importantes como a autoestima, a empatía, a comunicación, a posta en valor das diferenzas individuais como fortaleza grupal...

 

O desenvolvemento da actividade está programada para os xoves de marzo (6, 13, 20, 27), de 14:00 a 15:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.

Inscricións antes do 27 de febreiro de 2014.

 

En caso de dúbidas contacten co Servizo de Prevención a través de prevenciondrogas@rabade.org.