Skip to Content

ALERTA POR DOVES RED, UNHA NOVA DROGA MOI PERIGOSA

DovesO PNSD alerta da aparición EN España, concretamente nas Baleares, dunha nova droga de síntese coñecida como “Doves red” ou “Paloma roja”. As fontes que alertan sobre a súa gran toxicidade apoianse en que os comprimidos compóñense dunha mestura de éxtase, metanfetamina e PMMA. 

Esta nova droga componse de MDPPP, 4-MECF, unha substancia sen identificar, un diluínte e PMMA. O centro Energy Control alertou sobre a perigosidade desta última substancia, o PMMA que provoca unha elevación do ritmo cardíaco e episodios de hipertemia e hipertensión. Aínda que en España non se detectaron intoxicacións e o consumo parece ser minoritario, as autoridades e o sentido común obrigan a alertar sobre a toxicidade do PMMA, de feito relaciónase coa morte de 9 persoas danesas en 2010 que consumiron pastillas que contiñan entre un 5 e un 10% de PMMA.

O Doves red forma parte dun grupo de substancias denominadas 'Legal Rights' ou 'Research Chemicals', cunha venda realizada habitualmente vía internet. Estas drogas teñen a particularidade de non estar sometidas a normativas de control sobre drogas a consecuencia do baleiro legal que existe cando as substancias aínda non están tipificadas como tóxicas (+ info no apartado de 'Legal Rights'). O problema das drogas de síntese é que se descoñece con exactitude os seus compoñentes, xa que se van modificando a medida que aqueles se tipifican como ilegais coa intención de burlar así os controis policiais. Pero, ao non saber as substancias das que se compoñen, tampouco se sabe os efectos que producirán no consumidor ao estar mesturado con outras substancias.
 
A alerta semella ampliarse por momentos pois segundo últimas informacións estanse vendendo estas pastillas, “Paloma roja”, como se foran éxtase (MDMA).