Skip to Content

CEIP BAAMONDE, MARTES 18 DE MARZO ÁS 16:00 H. FORMACIÓN PARA FAMILIAS “CONVIVENCIA FAMILIAR E ÉXITO ESCOLAR”

CEIP BAAMONDE,

MARTES 18 DE MARZO ÁS 16:00 H. FORMACIÓN PARA FAMILIAS

CONVIVENCIA FAMILIAR E ÉXITO ESCOLAR”

 

O éxito escolar é unha das principais preocupacións das nais e pais na actualidade. Dada a especial relevancia e sensibilidade que este tema provoca nas familias, faise necesario promover unha profunda reflexión de cara a consolidar estruturas que favorezan o éxito escolar e minoren o fracaso. Nesta reflexión posúe gran relevancia a familia a quen neste folleto se lle proporcionan pautas para acadar unha mellora real no proceso académico dos menores.