Warning: Table './web183db1/sessions' is marked as crashed and should be repaired query: SELECT u.*, s.* FROM users u INNER JOIN sessions s ON u.uid = s.uid WHERE s.sid = '7806e5fbd32ed906f4bc8a19659af9a9' in /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc on line 128

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 1166

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 726

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 727

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 728

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 729
A COCAÍNA CADA VEZ MÁIS ADULTERADA | Servizo de Prevención de Drogodependencias de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade
Skip to Content

A COCAÍNA CADA VEZ MÁIS ADULTERADA

warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/common.inc on line 148.

A cocaína é a droga ilegal obxecto de máis adulteracións. De feito, no caso de mercar por gramos, rara vez o produto ten unha pureza do 50%. Entón... sabemos o que estamos mercando?

 

O estado no que se vende a cocaína provoca que o seu consumo cada vez sexa máis perigoso. Ao risco de alteracións psiquiátricas, problemas neuronais, cardiopatías e trastornos nutricionais, debemos sumar os trastornos ocasionados polos seus adulterantes, prestando especial atención aos efectos do Levamisol.

A actual crise económica parece ser a principal causa deste aumento exponencial de adulterantes nas drogas máis consumidas, tendo como principal obxecto destas á cocaína. Os adulterantes da cocaína fundaméntanse en 2 tipos diferentes de cortes:

  • Cortes activos son substancias que teñen como finalidade aumentar a cantidade do produto e producir un efecto máis potente. Hai 2 tipos: excitantes para unha subida forte, ou conxelantes para imitar o efecto característico da cocaína de adormecela boca.

  • Cortes inactivos para dar peso que non teñan efectos inmediatos: lactosa, talco, manitol, etc. calquera substancia parecida que aumente o peso da mercancía demandada.

Neste ano 2012 a ONG Asociación Bienestar y Desarrollo (ABD) presentou un estudo que analizaba 472 mostras de cocaína facilitadas por consumidores de Cataluña, Madrid, Andalucía e Baleares. As conclusións foron sorprendentes á par que preocupantes, pois continúan a mesma liña que as conclusións obtidas en 2011:

  • Preto do 95% das mostras analizadas estaban adulteradas, só o 5% era cocaína pura.

  • O 80% estaban mesturadas con adulterantes e diluínte.

  • O 16% das mostras vendidas coma cocaína non presentaban ningún rastro de cocaína.

  • Entre os adulterantes que contiñan as mostras, destacaban especialmente tres:

    • Levamisol: esta substancia que incrementa os efectos da cocaína pero destrúe o sistema inmunolóxico, é un fármaco destinado ao uso animal como antiparasitario que tamén se emprega en persoas que reciben tratamento de quimioterapia. Nun estudo realizado por Energy Control no 2011 con 345 doses de cocaína analizadas, observaron que un 59% das mostras contiñan este perigoso fármaco

    • Fenacetina (detectado no 65% das mostras): é un anestésico retirado do mercado pola súa toxicidade e efectos nocivos no fígado.

    • Cafeína: úsase para adulterar a maior parte das drogas coa finalidade de aumentalos seus efectos psicoactivos, pero pode provocar máis ansiedade, irritabilidade e taquicardias.

 

  • Outros adulterantes habituais observados nas análises realizadas ás mostras son:

 

  • Codeína

  • Polvos de talco

  • Leite en po

  • Manitol (laxante)

 

 

Fonte: