Warning: Table './web183db1/sessions' is marked as crashed and should be repaired query: SELECT u.*, s.* FROM users u INNER JOIN sessions s ON u.uid = s.uid WHERE s.sid = 'e6cb33d2cf3dee71ad6987fdd30249d4' in /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc on line 128

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 1166

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 726

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 727

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 728

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/bootstrap.inc on line 729
A evolución da socialización da muller | Servizo de Prevención de Drogodependencias de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade
Skip to Content

A evolución da socialización da muller

warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/www/web121/web/includes/database.mysqli.inc:128) in /home/www/web121/web/includes/common.inc on line 148.

Socialización de la mujerAs persoas nacemos cuns determinantes biolóxicos que fixan a nosa pertenza sexual, así seremos homes ou mulleres. O que debera ser unha mera condición biolóxica, transfórmase nun modulado social que predetermina un sistema de símbolos e valores clasificados en función do xénero: feminino ou masculino.

 

 

Esta construcción social da identidade persoal, atribución de roles, valores e espazos, refírese a un proceso de orixe puramente cultural no que se consolidan, cunha inxusta lexitimación social e cultural, as desigualdades entre un e outro sexo outorgadas polo xénero.

Nenos e nenas nacen cun sexo biolóxico, pero ademais terán que adquirir e adoptar conductas asociadas a homes e a mulleres, isto é, trazos da personalidade, actitudes, comportamentos, etc. culturalmente predeterminados. Deste xeito, a medida que crecen, nenos e nenas adquiren roles de xénero (patróns de conduta considerados apropiados e desexables para cada sexo).

 

Socialización de la mujerMASCULINO: carácter instrumental, control afectivo, agresividade, dominio da intelixencia lóxica, resérvase o espazo público.

 

FEMININO: carácter máis relacional, emocional, pasividade, submisión, tendente á depresión e choro, resérvase o espazo privado (fogar)

 

Esta socialización de xénero é un proceso continuo que comeza na familia e progresivamente se consolida por influencias doutros axentes socioeducativos como o grupo de iguais, a escola ou os medios de comunicación.

 

 

A incorporación das mulleres ó mercado de traballo, o envellecemento poboacional, os novos modelos familiares, os valores sociais dominantes, as novas tecnoloxías... entre outros factores, impiden o funcionamento da sociedade tradicional dotada de dúas esferas fundamentais cimentadas na diferenza: O ámbito productivo e público claramente masculinizado, e o ámbito reproductivo relegado á esfera privada, doméstica e gratuíta, de carácter feminino.

Socialización de la mujerA insostenibilidade deste modelo radica nas novas variables sociais, familiares, económicas e políticas nas que convivimos. O acceso das mulleres á esfera productiva non estivo acompañada da incorporación á esfera reproductiva dos homes, polo que a desigualdade de oportunidades resulta evidente.

A tradución desta situación, desta carga cultural e socialmente imposta sobre as mulleres leva a numerosas consecuencias que reverten directamente sobre a independencia, a autonomía e a liberdade e igualdade de oportunidades das mesmas, entre as que destacan: a ocupación eminentemente feminina dos traballos a tempo parcial, a sobrecarga Socialización de la mujerlaboral consecuencia da suma da xornada laboral e a xornada doméstica na que se inclúe o traballo do fogar, o coidado dos fillos, fillas e marido, ademáis das cargas familiares dependentes habitualmente engadidas, a todo isto súmase a estética da muller pois esta debe responder a uns estereotipos culturais de beleza para non ser obxecto doutro tipo de marxinación sociolaboral, todas estas cargas supoñen unha redución salarial con respecto ó colectivo masculino. Resulta lóxico pensar que esta situación diminúe o benestar persoal e a calidade de vida das mulleres.

 

A posibilidade de implementar fórmulas adecuadas á nova situación social fundamentadas no consenso de homes e mulleres, podería supoñer mellorar a calidade de vida de cidadáns e cidadás, creación de emprego e incremento da productividade no ámbito productivo. Só hai que revisar a estrutura social en canto ás necesidades, expectativas e circunstancias das persoas que a compoñen, é dicir, dos homes e das mulleres.

 

Socialización de la mujer