Skip to Content

A Familia como Modelo

PollitosO papel socializador da familia desenvólvese a partir do modelado. Os pais e nais na súa función de educadores transmiten coñecementos, valores e actitudes cunha intensidade maior na infancia, período no que os pequenos son máis influenciables. Así, cando os problemas se fan notar na adolescencia, o aprendido durante a infancia será determinante á hora de resolver tales situacións. Se este proceso de aprendizaxe é constructivo, o problema resolverase dende a comunicación, a lóxica, o respecto... Se pola contra durante a infancia non se prestou unha atención especial ás actitudes dos fillos, é moi posible que teñan unha adolescencia máis problemática, irresponsable, egoísta... Por iso é fundamental “previr” dende a infancia para non ter que “curar” na adolescencia.

SnoopyCoa chegada da adolescencia os círculos de apoio dos nosos fillos e fillas mudan cara outros grupos de certa “desconfianza” para os pais; nesta difícil etapa de transición na que os mozos e mozas tentan buscar a súa realidade, a cal normalmente difire bastante da dos seus proxenitores, reclaman un maior apoio daqueles que mellor os comprenden, os seus amigos, cós que comparten o desexo de descubrir a súa propia identidade sen indicacións nin prexuízos do mundo adulto. Esta situación provoca nos pais unha sensación de desprazamento emocional e incluso físico que intensifica a necesidade de recuperar o papel educador que antes protagonizaban, reacción que soe reavivar  o distanciamento e o conflicto latente entre o mundo adulto e o mundo adolescente.

A denominada “brecha xeneracional” incide nas diferenzas entre uns adultos que tentan orientar “de boa fe” o camiño dos seus fillos dende a perspectiva da experiencia, e uns fillos que dende a perspectiva da inexperiencia tentan buscar o seu propio camiño sen indicacións percibidas como alleas. Deste xeito foméntase un conflicto negativo promotor de rexeitamento incomprendido polos primeiros (“eu só quero o mellor para eles”) e incitado polos segundos (“non me entenden, ¡paso deles!”).

SeñalesAsí, os pais, cumprindo a tarefa de (sobre)protexer aos fillos, tentamos evitar dende a experiencia adulta desenganos, obstáculos e frustracións, tomando unha posición indicativa e/ou imperativa máis que orientadora, que non fai outra cousa máis que impoñer unha perspectiva de vida baseada en razoamentos adultos, esperando que sexa aceptada, comprendida, compartida e respectada como a auténtica opción correcta do modo de entendela vida. Dende esta posición cometemos un erro de base, pretendemos educar aos nosos fillos en valores de comprensión, respecto e decisión obviando todos eles cegados polo afán de retomalo papel educador que antes protagonizabamos. Facendo unha pequena autocrítica, deberiámonos preguntar se realmente, intentamos comprender os noso fillos ou se, pola contra, tan só escoitamos o  principio da historia e xa lle contamos nós como é o final.

Debemos ser conscientes de que non existe unha realidade única e absoluta, cada persoa posúe unhas características e circunstancias que definen a súa realidade, a súa propia verdade. Por elo, debemos deixar que os nosos fillos descubran a súa tomando para elo un papel orientador, de apoio e afecto, que non exprese resentimento senón comprensión e respecto. As persoas deben aprender a vivir vivindo o que implica errar e acertar, rir e chorar, medrar e madurar.