Skip to Content

O PROCESO DA ADICCIÓN

Proceso da AdicciónAínda que ningunha persoa está totalmente libre de caer nunha adicción, débese ter en conta que existe unha gran diferenza entre facer un uso e/ou un abuso de drogas ou de conductas concretas e ser considerado como un adicto. Unha elevada porcentaxe poboacional puido abusar de drogas (legais e/ou ilegais) ou de conductas en unha ou varias ocasións e nunca os considerariamos adictos. Os límites entre o seu e o abuso dependen de diversas variables que atinxen á persoa, á substancia, ao tipo de conducta, ás circunstancias, ao contexto... e, por tanto, o proceso de uso, abuso ou comportamento adictivo vese condicionado por todos eles.

 

A adicción é un proceso que se desenvolve ao longo do tempo, con maior ou menor rapidez, no que o tipo de uso que a persoa fai da substancia ou conducta cambia progresivamente, aumentando do uso ocasional ao habitual, transformándose máis tarde en abuso. A liña que separa o abuso da adicción é moi fina e practicamente inapreciable, traspasala pode ser un acto inconsciente para un mesmo e para o entorno, de feito nas primeiras súas primeiras fases a adicción pode pasar inadvertida.

 

USO EXPERIMENTAL

 

Normalmente o inicio dun comportamento adictivo ten unha motivación real de proba, có desexo de pasar un rato diferente. É habitual que o primeiro consumo de drogas teña o seu orixe na curiosidade ou na imitación. No caso das actividades, a iniciación tería unha motivación lúdica que reportase pracer, benestar, distracción...

 

USO OCASIONAL

 

Este tipo de uso ou práctica sucédese inmediatamente despois do uso experimental. Pode derivar noutros usos intermitentes e esporádicos motivados por razóns sociais e normalmente asociados ao ocio grupal. O normal é que cese no tempo e non xere un comportamento adictivo xa que o suxeito aínda ten plenas capacidades para interromper este comportamento, non se dan síntomas de tolerancia nin experimenta o síndrome de abstinencia.

 

Neste tipo de usos é habitual experimentar só efectos positivos que xeran un recordo agradable, o que pode crear unha repetición cando se queira cambiar dun estado de ánimo triste ou aburrido a outro desexable. Este tipo de desexo de repetir o consumo ou a actividade queda rexistrado nos recordos e emocións así como a nivel cerebral nas estructuras de pracer e gratificación.

 

POSTERIORES CONSUMOS

 

As sensacións reconfortantes que xa coñecemos inciden no desexo de volver a consumir. Só aquelas persoas que comezan a utilizar o consumo ou a actividade como recursos imprescindibles para satisfacer necesidades intensas e que as converten en elementos centrais de ocio, teñen risco de avanzar cara usos habituais ou sistemáticos.

 

USO HABITUAL

 

Neste tipo de uso o consumidor conta con cada vez máis ocasións idóneas para ter o consumo ou realizar a actividade. A súa vez é máis que probable que tivera que aumentar a intensidade ou a cantidade de droga ou actividade para obter os efectos desexados, a tolerancia comeza a aparecer.

 

A medida que a adicción se vai facendo máis forte o consumidor cree preferible asumir o risco de caer nela antes de deixar o consumo. Novas escusas xustificarán o comportamento adictivo no que se consolida a tolerancia sen chegar á dependencia absoluta.

 

ADICCIÓN

 

Neste momento a droga ou conducta deixa de ser un recurso opcional para converterse en imperativa, é dicir, o obxectivo do consumo xa non é tanto o obter un efecto pracenteiro senón aliviar o malestar do síndrome de abstinencia. A adicción toma o control da vida do consumidor, quen torna o seu comportamento cara a compulsividade e a obsesión grazas á tolerancia xa instaurada acompañada de síntomas de dependencia e do síndrome de abstinencia.

 

A necesidade dun novo consumo fomentará estados de malestar, angustia e ansiedade que levarán ao adicto a ignorar os efectos negativos da adicción e a facer calquera cousa que estea na súa man para obter un novo “chute”: mendigar, roubar, mentir, etc. Ao antepoñer absolutamente todo ao adicción, as consecuencias negativas sucédense cunha progresión agravante na familia, no traballo, nas amizades, na saúde...

 

No caso das adiccións a substancias, os efectos da adición vense reflectidos no síndrome de abstinencia propiciado pola habitual imposibilidade nos adictos de consumir a cantidade de droga (normalmente por carecer de medios económicos) precisada para satisfacer os niveis de tolerancia adquiridos no tempo.

 

Nos casos de adiccións a actividades, a perda de control maniféstase no aumento desmesurado de tempo e cartos destinados á adicción.

 

Os intentos por controlar ou abandonar a adicción sucédense sen éxito. O adicto chega a percibir como inimaxinable a vida sen a substancia ou actividade, a soa sensación de carecer dela empúxao a satisfacer de novo a adicción.

 

Proceso da AdicciónO Doutor Arnold M. Washton no seu libro “Querer No Es Poder”, presenta o proceso de adicción en 5 etapas:

 

1. NAMORAMENTO: as primeiras experiencias coa drogas adoitan deixar unha marca positiva e agradable, producíndose un frechazo no que xorde un namoramento ou atracción por volver consumir a substancia. Esta percepción distorsionada da realidade, emociona, produce euforia e/ou tranquiliza, o que fai aumentar a posibilidade de repetir o consumo.

 

2. A LÚA DE MEL: na etapa anterior, o consumidor aprendeu a obter sensacións gratificantes de forma inmediata, sen esforzo. Durante esta fase a persoa experimenta tódalas gratificacións da droga sen experimentar ningunha consecuencia negativa: síntese portador do control do consumo.

 

3. TRAIZÓN: co paso do tempo este doce namoramento tórmase amargo. Así, ademais do deterioro que padece nas principais esferas que estructuran a súa vida (familia, traballo, grupo de iguais, etc.), é probable que a persoa adicta comece a realizar actos escasamente axeitados para manter satisfeita a súa adicción. O declive da relación xa comezou.

 

4. NA RUÍNA: agora a persoa adicta debe consumir cada vez máis cantidade, como consecuencia da tolerancia, e con maior brevidade non tanto para obter gratificacións (como en tempos de namoramento) como por evitar ou aliviar os síntomas do síndrome de abstinencia ou de detectarse da nova realidade.

 

5. APRISIOADOS: co paso do tempo, a persoa adicta evoluciona ata un estado de desesperación na súa relación coas drogas que o obriga a ignorar tódalas outras responsabilidades e preocupacións da súa vida, debe ocuparse do centro da súa nova realidade. O comportamento cada vez é máis impulsivo e incontrolado, a persoa adicta cae por unha pendente de desesperación e destrucción persoal.

 

O retorno é complexo pero posible.