Skip to Content

Obradoiro: "¿Como educar na sociedade dixital?"

internet sano educar sociedad digital

@ctualízate!


Algunha vez te sentiches perdid@ como nai ou pai cando... os teus fillos falan do tuenti, do WhatsApp, do Facebook..? Gustaríache entender o funcionamento das redes sociais para poder beneficiarte delas e previr problemas? Oíches falar do grooming, sexting ou ciberbullying?


O Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade en colaboración co CEIP Baamonde presenta o obradoiro “Como educar na sociedade dixital?” no que se abordarán contidos prácticos sobre as redes sociais (creación, uso, configuración), prevención do uso inadecuado das mesmas, potenciación dos beneficios das redes sociais e como educar na nova sociedade dixital.

 

 

CEIP Baamonde: 15, 22 e 29 de xaneiro ás 16:00h.