Skip to Content

Obradoiro de creación audiovisual. 26-30 de decembro Centro Social de Rábade

Estas vacacións de Nadal anímate a facer algo diferente. Se che gusta o mundo audiovisual participa nun obradoiro diferente no que profesionais da empresa Imaxina Deseño ensinaranche dunha maneira dinámica e interactiva coñecementos cinematográficos básicos que culminarán no desenvolvemento dunha curtametraxe ou spot gravado en Alta Definición  pasando por tódolos pasos: dende a idea ao guión, pasando pola produción e a rodaxe, ata o montaxe final, coa posibilidade de difundilos a través de festivais.


O obradoiro terá lugar do 26 ao 30 de decembro de 10:30 a 13:30 horas, é unha formación totalmente gratuíta con prazas limitadas, nas que terán preferencia rapaces e rapazas a partir de 12 anos dos concellos de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.


Formulario de Inscrición