Skip to Content

Obradoiro de Fotografía Dixital

¿Gústache a fotografía? Pois, se buscas facer algo diferente este verán, apúntate o Obradoiro de Fotografía Dixital que organiza o Servizo de Prevención de Drogodependencias dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade do día 18 de xullo ao 22 e do 26 ao 29 (horario a convenir).

 

O único que é necesario que traias é unha cámara de fotos e moitas ganas de utilizala, porque o tempo de práctica será moito maior que o de teoría. As fotos sacadas durante o obradoiro que requiran revelado, serán financiadas polo Servizo.


Cubre o formulario de inscrición e remíteo a prevenciondrogas@rabade.org, ou por Fax no 982.390.411, ou ben deixando os teus datos no teléfono 982.390.062 de 9:00 a 14:00h.

 

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. O obradoiro está aberto a toda a poboación (con prioridade para cidadáns de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade) y a todas las edades a partir de los 12 años. Totalmente gratuíto.