Skip to Content

SESIÓN DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS “PREVENCIÓN DE CONDUTAS DE RISCO EN INTERNET”

Algunha vez te sentiches perdid@ cando... os teus fillos falan do tuenty, whatsApp , line facebook, twiter..? Gustaríache entender o funcionamento das redes sociais para poder beneficiarte delas e previr problemas? Oíches falar do grooming, sexting ou ciberbullying?

O Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade en colaboración co CEIP Lagostelle e a súa ANPA, convocamos ás familias a participar nunha sesión formativa centrada na prevención de condutas de risco na utilización de internet en xeral e das redes sociais en particular.

CEIP Lagostelle: martes 1 de abril

 

Para participar na sesión de prevención, será necesario cubrir e entregar a parte inferior desta circular ao titor/a do/a menor. Nela analizaremos outras cuestións:

 

Preferencias horarias para o desenvolvemento das sesións de Prevención, marca a opción que máis se adapte ás túas necesidades (MAÑÁ OU TARDE).

Así mesmo, para facilitar a participación das familias na sesión, o concello facilitará un servizo de vixilancia e coidado para os menores das familias participantes na acción educativa no recinto escolar. Imprescindible previo aviso das familias (CASILLEIRO DE COIDADO DE MENORES DURANTE A SESIÓN)

 

Descargar Boletín de Inscriciñon