Skip to Content

Sesión de Prevención familiar no IES Poeta Díaz Castro, Guitiriz o 26 de febreiro ás 11:00

O Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade, en colaboración co IES Poeta Díaz Castro, convida ás familias de Guitiriz a participar nunha sesión de Prevención Familiar na que se abordarán pautas de actuación para a prevención de consumos e liñas de intervención en caso da súa detección.

 

Prevención de condutas aditivas na adolescencia”

 

Lugar: IES Poeta Díaz Castro

Data mércores 26 de febreiro

Hora: 11:00h