Skip to Content

Taller "DI K NON" o 19 de xaneiro ás 17:30 no Centro Social de Rábade

O Taller para a prevención de consumo de drogas en adolescentes “Dí k Non”, é unha das actividades do Proxecto Carmela Arias – UTE Teixeiro súmase a tódalas iniciativas que intentan paliar una realidade en aumento como é o consumo de substancias psicoactivas entre a poboación adolescente.

 


O Servizo de Prevención de Drogodependencias remítevos información do taller para a prevención do consumo de drogas en adolescentes incluído no  Proxecto Carmela Arias – UTE Teixeiro “Di K Non”. Este obradoiro estaba programado para desenvolverse en colaboración co IES Río Miño pero, en vista da negativa do centro, ofertamos aos pais e nais a posibilidade de que sexades vos mesmos os que inscribades aos rapaces con custo cero. A actividade que está dirixida a rapaces de Secundaria, Bacharelato e PCPI, terá lugar o mércores 19 de xaneiro ás 17:30 h. no Centro Social de Rábade sendo imprescindible para a súa asistencia a inscrición previa. Para elo unicamente deberán dirixir as follas de inscricións ao Servizo de Prevención de Drogodependencias depositándoas no Concello de Rábade, remitíndoas por e-mail (prevenciondrogas@rabade.org),  FAX (982.390.014) ou enviándoas por correo postal (Concello de Rábade Praza 28 de Maio, 27370. Rábade) antes do 15 de xaneiro.


O Taller da Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro enténdese como un recurso efectivo pois confórmase como un instrumento de información e comunicación para dar a coñecer mellor a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza,  comportamento violento, etc.

O Taller desenvólvese en dúas fases fundamentais:
- A primeira parte levarase a cabo no Centro Social de Rábade. Nesta sesión incidirase na adquisición de coñecementos que axuden á autorreflexión sobre a problemática das drogodependencias.
- A segunda sesión realizarase na propia Unidade Terapéutica (non é obrigatoria, pero si moi recomendable para conseguir alcanzar os obxectivos do proxecto). Os alumnos realizarán unha visita didáctica polas dependencias da UTE cun dobre obxectivo: por unha banda concienciar aos rapaces de que o mundo das drogas pode levar a perda de liberdade e, pola outra, intentar amosarlles a un grupo de persoas privadas de liberdade que intentan rehabilitarse por medio de un programa terapéutico-educativo e para poder afrontar a súa normalización e integración na sociedade cando cumpran a súa condena.

 

Programa do Taller

 

Formulario de Inscrición