Skip to Content

Tipos de delitos

Infracción Administratíva

 

Infracción Administratíva

son aqueles actos sancionados por vía administrativa que implican multas, pero non supoñen penas de cárcere.

Consumo de drogas en lugares, vías, establecementos ou transportes públicos.

Tenencia de drogas (senón se considera autoconsumo).

Abandono na rúa de instrumentos usados para o seu consumo.

 

Os actos citados constitúen infraccións administrativas graves que poderán supoñer para a persoa xulgada unha multa de 300,51€ a 30.050,61€, retirada do permiso de conducir por 6 meses ou participar nun programa de rehabilitación (artigos 25 e 28 da Lei Orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá).



Infracción Penal

 

todas aquelas accións (delictos ou faltas), sancionadas polo Código Penal que pode supoñer penas de cárcere ou medidas xudiciais.

Castigo Penal

 

  • Cultivo de drogas ilegais.
  • Elaboración de drogas ilegais.
  • Tráfico ou “trapicheo” de drogas.
  • Regalar ou facilitar o consumo de drogas ilegais.

Todas estas accións constitúen delictos (artigo 368 do Código Penal). A infracción penal diferencia as posibles consecuencias entre maiores e menores de idade de forma que:

 

Maiores de 18 anos

ademais dunha multa equivalente ao triple do valor da cantidade de droga confiscada, tamén suporá unha pena de cárcere de 3 a 9 anos e a imposibilidade de acceso a determinadas profesións.

 

Menores de 18 anos

non terá que ingresar en prisión pero si implicará medidas xudiciais do tipo internamento nun centro de menores ou a obrigación a someterse a tratamento.