Skip to Content

Xornada de Paintball

paintball prevencio drogas

Rapaces e rapazas de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade divertíronse nunha xornada de paintball logo de participar activamente nas actividades do Servizo de Prevención de Drogodependencias destes concellos.

 

paintball prevencion drogasPara este curso 2011-2012, o Servizo de Prevención de Drogodependencias iniciou o período de inscrición nalgunha das súas actividades, entre as que destacan os Obradoiros da Mocidade, con cine, música, talleres, etc. que se desenvolveran en cada un dos concellos da agrupación. Para máis información e descarga de solicitudes de inscrición, calendario ou horarios, visitade a web www.prevenciondedrogas.es, na que poderedes encontrar información de interese nesta materia.