O PNSD alerta da aparición EN España, concretamente nas Baleares, dunha nova droga de síntese coñecida como “Doves red” ou “Paloma roja”. As fontes que alertan sobre a súa gran toxicidade apoianse en que os comprimidos compóñense dunha mestura de éxtase, metanfetamina e PMMA.
Internet sorprende unha vez máis cun novo fenómeno que viaxa a través do ciberespacio: as drogas dixitais ou e-drugs. Este fenómeno dista en gran medida da concepción tradicional que tod@s temos do consumo de drogas, pois as e-drugs son “drogas sonoras”, é dicir, drogas dixitais que estimulan o cerebro a través da emisión de sons diferentes por cada oído, producindo sensacións de euforia, trance, relaxación...





